Magosto 2018

Na pasada sexta feira celebramos a festa do Magosto. Cada alumna/o trouxo unha presa de castañas que foron asadas en dous aparellos construídos polo alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría. Durante esta festa realizouse tamén un campionato de brilé, ou xogo do mata, e contamos cun grupo musical formado por profesorado e alumnado … Seguir lendo Magosto 2018

VIII edición da Carreira pola Lingua

Máis de catrocent@s estudantes de Valga participaron esta mañá na VIII Carreira pola Lingua, que anualmente organiza o instituto coa colaboración do Concello de Valga. Ademais de alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos, correron tamén polo galego escolares de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Baño e Ferro Couselo, así como algúns dos … Seguir lendo VIII edición da Carreira pola Lingua